Ferida unha persoa ao caer do tractor que conducía e pasarlle este por encima

A persoa ferida ía con outra no vehículo segundo testemuñas do accidente.

Fotografía de ambulancia / Europa Press
Ambulancia de servizo / Europa Press

Unha persoa resultou ferida na tarde deste domingo en Mondariz  despois de caer do tractor que conducía e de que o propio vehículo lle pasase por encima. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 19,00 horas na PO-252, tal e como indicou unha testemuña do accidente na súa chamada á central de emerxencias.

Tras o aviso, desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nunha UVI móbil, así como os bombeiros-GES de Ponteareas, Protección Civil de Oitavén-Tea e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Estes últimos foron os que confirmaron que no tractor viaxaban dúas persoas, das cales una caeu e foi atropelada polo vehículo agrícola.