Un accidente provoca grandes retencións no túnel de Beiramar, en Vigo

Avenida de Beiramar/ Street View Google Maps

Unha muller, condutora dun ciclomotor, resultou ferida leve este venres en Vigo, tras chocar contra un turismo, no túnel de Beiramar, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia.

O sinistro produciuse sobre as 9,00 horas da mañá, nun dos carrís en sentido porto de Bouzas, e foi un particular o que alertou a Emerxencias de que se produciu un choque entre unha moto e un coche, e que a persoa que conducía a moto necesitaba asistencia.

O 112 mobilizou a efectivos do 061, así como a Policía Local, bombeiros (que non tiveron que intervir finalmente) e Protección Civil. A persoa ferida, unha muller de 53 anos de idade, foi trasladada ao hospital Vithas.

Como consecuencia do accidente, rexistráronse importantes retencións de vehículos no túnel de Beiramar, especialmente nos carrís en dirección a Bouzas.