InicioSucesosLimpan un vertido sólido na área forestal de Zamáns

Limpan un vertido sólido na área forestal de Zamáns

PUBLICADO O

O pasado día 25 de Xuño, ás 12:40 horas, Axentes da Sección UMIR da Policía Local de Vigo procederon a intervir ante o que presumiblemente podería ser un vertido sólido nunha zona forestal. A alerta foi comunicada desde a Central de Información e Mando (Cima), a requerimiento do 112.

Efectivamente nunha zona forestal no lugar ou proximidades de Cidáns, entre a estrada
do mesmo nome e a de San Cosme, observouse un vertido sólido dun volume aproximado
dun metro cúbico.

Estaba composto por neumáticos de coche, enseres dunha vivenda, un televisor, restos dun sofá e libros. Constatado o vertido, iniciáronse actuacións para tratar de pescudar a autoría do feito; actuacións que levaron aos axentes a contactar con corpos de policía local doutros
concellos veciños.

O día 26, os axentes puideron entrevistarse co suposto autor do vertido, un varón residente nun municipio limítrofe. Recoñeceu que parte do que alí se atopaba si era seu, pero só parte. Comprometeuse a retirar todo aquilo do lugar, incluído non que segundo dicía non lle pertencía. O día 27 comprobouse por parte dos Axentes, que a zona atopábase
perfectamente limpa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...