InicioSucesosRescatado por un pesqueiro tras caer ao mar co coche en Moaña

Rescatado por un pesqueiro tras caer ao mar co coche en Moaña

O mozo foi hospitalizado

PUBLICADO O

Un mozo de 29 anos de idade tivo que ser trasladado a un centro hospitalario despois de que caese ao mar co coche desde o peirao de Moaña.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 00,30 horas deste venres. Entón, unha persoa particular contactou polo servizo de emerxencias para alertar do suceso. Seguidamente, o 112 pasou o aviso do ocorrido aos bombeiros do Morrazo, de Vigo e do Porriño, a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Local e á Garda Civil, ademais da Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia.

Os servizos sanitarios enviaron ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado con persoal da PAC de Cangas. Un pesqueiro próximo logrou sacar cun guindastre o vehículo e, unha vez en terra, o mozo que se atopaba no seu interior puido ser atendido polos efectivos sanitarios. Finalmente, foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...