InicioSucesosRescatados tres mariñeiros en Cangas tras afundirse a súa embarcación ao chocar...

Rescatados tres mariñeiros en Cangas tras afundirse a súa embarcación ao chocar contra unha batea

Un deles precisiou de traslado ao hospital

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron este mércores aos tres mariñeiros do pesqueiro ‘Cacheira Segundo‘, que se afundiu fronte ao litoral de Cangas.

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia e da Delegación do Goberno, o suceso ocorreu ao oeste da praia de Areacova, onde a embarcación, na que viaxaban as tres persoas, chocou contra unha batea mentres regresaba ao porto de Aldán.

Os tres ocupantes foron rescatados por unha embarcación que se atopaba na zona e que os trasladou ata o porto. Un dos afectados tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con “importantes lesións nunha perna”.

No operativo interviñeron o avión Sasemar 102 e a Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo, o buque Irmáns García Nodal de Gardacostas, e efectivos de Protección Civil de Cangas, de Policía Local e de Garda Civil. Segundo informou a delegación do Goberno, activouse o plan de control de posible contaminación na zona.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...