InicioSucesosMorre un home nun accidente de tráfico en Tui

Morre un home nun accidente de tráfico en Tui

PUBLICADO O

Un home morreu tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola A-55, concretamente no quilómetro 26, no municipio pontevedrés de Tui.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17,20 horas, momento no que varios particulares alertaron da situación. Tras recibir os avisos, do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, así como ao servizo de mantemento da autovía.

Con todo, o condutor do turismo morreu no traslado antes de chegar ao centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...