InicioVigo e contornaRedondelaIntoxicados catro membros dunha familia por acumulación de gas nunha vivenda de...

Intoxicados catro membros dunha familia por acumulación de gas nunha vivenda de Redondela

Un dos afectados foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro polo equipo de urxencias médicas.

PUBLICADO O

Catro membros dunha familia de Redondela, dos que dous son menores de idade, precisaron asistencia médica ao sufrir unha intoxicación debida á acumulación de gas no interior da súa vivenda. Un deles foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ocorreu na mañá deste luns nunha residencia da rúa do Espírito Santo e foron os profesionais sanitarios os que deron o aviso ao 112 Galicia. E é que os propios ocupantes da casa solicitaran asistencia médica tras presentar síntomas compatibles cunha intoxicación.

Seguidamente, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Redondela, que retiraron unha bombona de butano do interior e procederon a ventilar a vivenda ata comprobar que as medicións de gas eran negativas. No entanto, pasouse o aviso igualmente á empresa subministradora, así como á Policía Nacional e á Local.

Un dos membros da familia foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro polo equipo de urxencias médicas, mentres que os tres restantes acudiron a este mesmo centro sanitario polos seus propios medios.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...