Localizada en bo estado a menor desaparecida en Vigo desde principios de novembro

Policía / © Miguel Núñez

A menor de 16 anos, con identidade P.L.R. e desaparecida en Vigo o pasado 9 de novembro, foi achada en bo estado na tarde deste xoves.

Segundo informou este xoves a Policía Nacional, a menor presentouse de forma voluntaria e soa na comisaría da Policía Local de Ponteareas.

A esta localidade pontevedresa desprazáronse axentes da unidade de atención ás familias para facerse cargo da nova e entregala aos seus pais.