Investigado un veciño de Madrid por suposta estafa de máis de 13.000 euros a unha empresa do Salnés

Os investigadores descubriron que alguén utilizara o método 'Business E-mail Compromise" que consiste en espiar e intervir de maneira fraudulenta as conversacións vía correo electrónico entre as empresas.

Nota De Prensa. GARDA CIVIL

A Garda Civil de Sanxenxo, en colaboración coa Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Madrid, investiga a un veciño da capital, de 26 anos de idade, como presunto autor dunha estafa, tras subtraer supostamente máis de 13.000 euros a unha empresa do Salnés.

A investigación iniciouse o pasado mes de agosto, cando unha empresa adegueira denunciou unha estafa, tras emitir unha factura a outra empresa, á que lla remitiu por correo electrónico, e que nunca chegou a pagarse.

Os investigadores descubriron que alguén utilizara o método ‘Business E-mail Compromise” que consiste en espiar e intervir de maneira fraudulenta as conversacións vía correo electrónico entre as empresas. Os estafadores modifican as facturas pendentes de pago para que se abonen nunha das súas contas (en lugar de en a conta da empresa que prové o servizo ou mercadoría), e logo transfiren o diñeiro ao estranxeiro.

Neste caso, a Garda Civil puido identificar ao titular da conta en España na que se fixo o pago, un veciño de Madrid, aínda que parte do diñeiro xa fora transferido. O suposto estafador xa ten condición de investigado, e deberá comparecer ante o xulgado de Cambados  cando sexa requirido.