InicioSucesosDisolven unha festa estudantil en Vigo con 18 mozos sen máscara nin...

Disolven unha festa estudantil en Vigo con 18 mozos sen máscara nin distancia social

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo disolveu unha festa nunha residencia de estudantes da cidade, e identificou e propuxo para sanción a 18 mozos que participaban na celebración, sen máscara nin distancia social.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 1,30 horas da madrugada deste venres, cando o 092 recibiu queixas dos veciños polo ruído que supostamente proviña dunha festa nunha residencia de estudantes na rúa Príncipe, en pleno centro de Vigo.

Cando os axentes chegaron, a porteira do inmoble informoulles de que a festa se estaba celebrando no terceiro piso. Unha vez alí, a Policía comprobou que se reuniron 18 mozos, de entre 18 e 20 anos de idade, nunha habitación.

Os mozos, estudantes universitarios procedentes de diferentes provincias de España, vulneraban as normas de prevención ante a pandemia de COVID-19, xa que ningún levaba máscara e, dado o reducido do espazo, non se respectaba a distancia interpersoal.

Ademais, os axentes tamén comprobaron que estaban a compartir botellas de bebidas alcohólicas e fumando no interior da habitación. A Policía identificounos e, tras disolver a reunión, tramitou dilixencias de denuncia, que se remitirán á Subdelegación do Goberno para que instrúa expedientes sancionadores.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...