InicioSucesosFeridas cinco persoas nunha colisión en Redondela

Feridas cinco persoas nunha colisión en Redondela

PUBLICADO O

Cinco persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado ao chocar dous turismos na mañá deste martes no concello pontevedrés de Redondela. Segundo informou o 112, sobre as 10,30 horas deste martes un particular avisou dun accidente entre dous vehículos que circulaban pola estrada que une Redondela e Arcade, á altura do lugar de Soutoxuste.

O alertante indicou que podía haber persoas feridas pero aseguraba que as persoas estaban accesibles. Por iso, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ata o lugar dúas ambulancias.

Ademais foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, os Bombeiros de Redondela e os efectivos de Protección Civil. Tras chegar ao momento e evacuar aos feridos, os profesionais sanitarios confirmaron o traslado de cinco persoas, dúas delas á Clínica Fátima e o tres feridos restantes ao Hospital Domínguez.

Por parte do 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...