InicioSucesosPiden 5 anos de cárcere para un pai que, coa escusa de...

Piden 5 anos de cárcere para un pai que, coa escusa de “xogar ás cóxegas”, abusou da súa filla

PUBLICADO O

A Fiscalía solicita 5 anos de prisión por un delito continuado de abusos sexuais para un home acusado de abusar sexualmente da súa filla, e que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron durante as visitas que a menor facía a casa do seu pai (os seus proxenitores estaban separados). Alí, e coa escusa de “xogar ás cóxegas”, o acusado facíalle tocamentos nas súas partes íntimas para “satisfacer os seus instintos sexuais”.

O pai actuaba así “a pesar de que a menor lle dicía que a incomodaba” e realizou este tipo de actos en varias ocasións, de forma continuada no tempo, ata que a nena contoullo á súa nai e as visitas cesaron (en abril de 2019).

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao acusado autor dun delito de abusos sexuais continuados sobre menor de 16 anos, e pide que sexa condenado a 5 anos de prisión, e que indemnice á nena en 3.000 euros.

Así mesmo, reclama que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse coa súa filla durante outros 8 anos e que sexa inhabilitado para calquera profesión ou oficio que requira contacto con menores, polo mesmo período de tempo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...