Improvisan unha pasarela para poder cruzar o río e rescatar un motorista ferido en Moaña

O accidente ocorreu uns minutos despois das cinco da tarde, á altura de San Lourenzo.

Ambulancia / © Miguel Núñez.

A caída dun motorista no monte, no concello de Moaña, obrigou a efectivos de emerxencia a improvisar unha pasarela para poder levar a cabo o rescate do ferido.

O accidente ocorreu uns minutos despois das cinco da tarde, á altura de San Lourenzo. Os equipos de emerxencias desprazáronse ata o punto para atender a alerta e prestar axudar ao ferido.

Os efectivos do parque comarcal de Bombeiros tiñan que atravesar un río para poder rescatar á vítima.P ara iso, improvisaron unha especie de pasarela para poder sacar ao ferido e levalo ata a ambulancia.

Varias dotacións de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 esperaban ao rescate do motorista para poder ofrecerlle os coidados necesarios, engaden desde o 112.