InicioSociedadeEvacuados en helicóptero 3 tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na...

Evacuados en helicóptero 3 tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na costa de Oia

PUBLICADO O

Tres dos catro tripulantes dun veleiro tiveron que ser trasladadas no helicóptero ‘Pesca I’ de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, despois de que a embarcación perdese o temón e quedase á deriva con mal tempo a media milla de Oia.

Segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o veleiro ‘Lea María’ emitiu un o aviso sobre as 17,30 horas da tarde deste venres, no que indicaba que as condicións meteorolóxicas na zona eran “bastante malas”, con ondas de 2,5 metros e ventos de 22 nós.

Ademais, o alertante indicaba que un dos tripulantes levou un golpe. Así, desprazouse ata o punto o helicóptero de Gardacostas ‘Pesca I’, que desprazou ao ferido e a outras dúas persoas ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Seguidamente, chegou ao lugar a ‘Salvamar Mirach’ para efectuar os labores de remolque do ‘Lea María’, co cuarto tripulante a bordo, ata o porto de Cangas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...