InicioSucesosDetido un menor tras agredir a un home e tentar golpear ao...

Detido un menor tras agredir a un home e tentar golpear ao axente que o interceptou

PUBLICADO O

Un mozo de 16 anos domiciliado en Vigo, E.H.L., foi detido por tentar golpear a un policía que o interceptou tras verse involucrado nunha agresión a un home en Vigo.

Fontes policiais detallaron que, este martes sobre as 00,10 horas, os axentes tiveron coñecemento dunha agresión a un home cometida no Calvario na que se viron implicados catro novos cuxas descricións se lles achegaron.

Unha vez no lugar, comprobaron que a vítima, que manifestou a súa intención de denunciar os feitos, fora atendida polos técnicos sanitarios dunha ambulancia.

Mentres, os policías realizaron unha busca mediante a que localizaron a un grupo que encaixaba na descrición facilitada a uns 200 metros do lugar no que tivera lugar a agresión. Estas persoas fuxiron á carreira para evitar ser interceptadas ao advertir a presenza policial.

Posteriormente, un dos mozos foi perseguido á carreira desde a rúa Cruz Branca ata ser interceptado na rúa Xílgaro. Este home tentou distraer aos axentes quitándose unha sudadera branca e tirandoa a un deles cando lle deron alcance. Ademais, tentou propinar unha puñada a este axente, que o puido esquivar.

Como consecuencia, o mozo foi reducido e detido por un delito de atentado, ao que se suma a presunta agresión cometida, tras o que pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...