InicioSucesosDetido tras golpear á súa parella e á que enrolara unha camiseta...

Detido tras golpear á súa parella e á que enrolara unha camiseta ao pescozo

A veciña que alertou á Policía explicou aos funcionarios que observara como o sospeitoso arrastraba polos pelos e o pescozo á muller dunha beirarrúa a outra e lle batía na cara.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de nacionalidade paraguaia, R.R.T., de 30 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras golpear á súa parella (tamén de Paraguai) en plena rúa, e á que tiña suxeita polos pelos e cunha camiseta enrolada ao pescozo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando o 092 recibiu o aviso dunha veciña que estaba a observar como un home golpeaba a unha muller violentamente na rúa.

Unha dotación de Policía trasladouse ao lugar, na confluencia das rúas Martínez Garrido e Ramón Nieto, e sorprenderon ao home agredindo á muller, á que estaba a tirar do pelo mentres ela estaba tombada no chan boca abaixo.

Os axentes observaron que o mozo non tiña camiseta, e que esta estaba enrolada no pescozo da muller, polo que rapidamente os separaron e inmobilizaron ao agresor.

A veciña que alertou á Policía explicou aos funcionarios que observara como o sospeitoso arrastraba polos pelos e o pescozo á muller dunha beirarrúa a outra e lle batía na cara.

ANTECEDENTES POR VIOLENCIA DE XÉNERO

O mozo, que se atopa en trámites de obter o NIE, recoñeceu que ten antecedentes por violencia de xénero, precisamente sobre a súa parella, a moza á que estaba a agredir. A vítima corroborou que os episodios de violencia da súa parella son frecuentes, e que xa lle denunciou anteriormente por estes feitos.

O home foi detido por un presunto delito de violencia de xénero, mentres que a muller foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para ser atendida das súas lesións.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...