InicioSucesosDenunciado en Vigo por conducir co permiso caducado un vehículo cuxa matrícula...

Denunciado en Vigo por conducir co permiso caducado un vehículo cuxa matrícula non coincidía coa do seu remolque

Un home de 48 anos domiciliado en Vigo, M.C.M., foi denunciado nesta cidade por conducir co permiso caducado un vehículo que presentaba unha matrícula diferente á do remolque ao que fora enganchado.

PUBLICADO O

Un home de 48 anos domiciliado en Vigo, M.C.M., foi denunciado nesta cidade por conducir co permiso caducado un vehículo que presentaba unha matrícula diferente á do remolque ao que fora enganchado.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este sábado sobre as 15,44 horas, cando unha patrulla que realizaba labores de vixilancia na avenida Ramón Neto observou un remolque cunha matrícula diferente á do vehículo tractor.

Os policías procederon a darlle o alto ao condutor, que fixo caso omiso e continuou a marcha. Mentres, os axentes perseguírono ata que o interceptaron. Posteriormente, este home foi identificado e comprobouse que o seu permiso de condución da clase B atopábase caducado, así como que non realizara o curso de reeducación tras unha suspensión temporal.

O home foi denunciado por carecer do permiso en vigor e conducir un vehículo tractor cuxa matrícula non coincidía coa do remolque. Ademais, identificouse ao acompañante, un home de 41 anos domiciliado en Vigo, A.G.C., que foi denunciado xunto ao condutor por non portar máscara.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...