InicioSucesosA Garda Civil descobre unha plantación de marihuana con máis de 70...

A Garda Civil descobre unha plantación de marihuana con máis de 70 exemplares no Porriño

PUBLICADO O

A Garda Civil investiga a un veciño do Porriño por un suposto delito contra a saúde pública, como responsable dunha plantación de marihuana onde se descubriron algo máis de 70 exemplares e 300 gramos dispostos para a súa distribución.

Segundo informou o corpo, como responsable da plantación identificouse a un veciño do Porriño de 26 anos de idade, con antecedentes policiais relacionados co tráfico de drogas, ao que se investiga por un delito contra a saúde pública.

Por mor das investigacións realizadas polos efectivos do Posto Principal da Garda Civil do Porriño, en colaboración con efectivos da Policía Local, tívose coñecemento da existencia dunha plantación de marihuana nun terreo situado na parroquia de Budiño.

Ao inspeccionar a leira, localizouse un terreo habilitado para o cultivo, onde se incautaron 25 plantas de marihuana de gran tamaño. Nun alpendre anexo, os axentes atopáronse cunha plantación ‘indoor’ dotada de toda a infraestrutura necesaria para este tipo de cultivo nas súas diferentes fases de crecemento, provisto dun sofisticado sistema de rega, ventilación, iluminación, control de temperatura e humidade, que aceleraba o crecemento e reprodución das plantas.

No interior desta construción incautáronse doutras 48 plantas de marihuana, ademais de varios botes de produtos químicos para o cultivo potenciadores de crecemento. No que vai de ano, a Garda Civil realizou 25 incautacións en distintos municipios da provincia de Pontevedra, 10 máis que en 2019, e apresouse 3.438 plantas de marihuana, o que supón un incremento de preto do 60% con relación ao ano anterior.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...