InicioSucesosDetido por agredir á súa parella que o acusou de cambiar a...

Detido por agredir á súa parella que o acusou de cambiar a fechadura para “botala da casa”

Tamén axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a unha muller de 54 anos de idade, sen domicilio coñecido e con numerosos antecedentes policiais, como presunta autora dun delito de lesións, tras apuñalar a un home na vía pública.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.A.G.A., de 49 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado a última hora da tarde, cando unha muller chamou ao 092 para denunciar que a súa parella a agarrou do pescozo e a ameazou, despois de que ela lle recriminase que tentase cambiar a fechadura do domicilio para “botala de casa”.

Unha dotación desprazouse ao lugar e atopouse coa parella discutindo acaloradamente na vía pública. A muller relatou que retomara a relación co sospeitoso tras romper con el hai un ano, pero que as discusións eran constantes porque o home consumía alcol frecuentemente.

Este sábado, explicou, deulle un ultimatum á súa parella para que deixase de beber e el respondeu de forma agresiva, ameazándoa con “ir a por ela”, golpeando e rompendo un cristal dunha porta e, a continuación, comezou a cambiar o bombillo da fechadura coa intención de que a muller non puidese acceder ao domicilio.

Cando a súa parella lle reprochou iso, o home reaccionou agarrándoa polo pescozo, onde lle deixou marcas arroibadas, tal e como observaron os axentes. Por estes feitos, procederon á súa detención por un suposto delito de violencia de xénero.

AGRESIÓN POR ARMA BRANCA

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a unha muller de 54 anos de idade, sen domicilio coñecido e con numerosos antecedentes policiais, como presunta autora dun delito de lesións, tras apuñalar a un home na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pola mañá, cando unha testemuña alertou ao 091 de que unha muller apuñalara no abdome a un home na rúa Torrecedeira.

Os axentes dirixíronse ao lugar, onde localizaron á vítima, ferido, e que lles explicou que fora atacado por unha muller cunha navalla no transcurso dunha discusión. O home facilitou unha descrición da suposta autora dos feitos, de modo que os policías recoñecérona por intervencións anteriores.

Mentres algúns funcionarios permaneceron co ferido á espera dos servizos sanitarios de emerxencia, outros policías despregaron un dispositivo para localizar á sospeitosa que, finalmente, foi atopada na terraza dunha cafetaría.

A Policía detívoa e trasladouna a Comisaría, onde se confirmou que conta con 12 antecedentes. A detida e as dilixencias practicadas foron postas a disposición do xulgado de instrución número 6 de Vigo.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...