InicioSucesosO condutor do coche que emborcou no Lagares triplicaba a tasa máxima...

O condutor do coche que emborcou no Lagares triplicaba a tasa máxima de alcoholemia

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias contra un condutor, cuxo nivel de alcoholemia superaba o triplo do máximo permitido, e que se saíu da vía na Avenida de Citroën, ata que o coche acabou no leito do río Lagares.

Segundo informaron fontes policiais, a alerta recibiuse sobre as 3,45 horas da madrugada deste xoves, cando unha persoa contactou co 092 para informar dun sinistro nesa zona de Balaídos, onde un coche envorcara ao río Lagares.

Cando os axentes chegaron, o condutor, que parecía ileso, e atopábase fóra do vehículo. Deuse aviso a efectivos de bombeiros e a emerxencias sanitarias.

Ao entrevistarse co condutor do turismo, os policías decatáronse de que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol, e foi sometido un test que arroxou un resultado de 0,84 e 0,91 mg /l, o que excede o límite penal e supera en máis de tres veces o máximo permitido de 0,25 mg / l.

O condutor foi evacuado a un centro médico e a zona foi valada, á vez que se solicitou a presenza dun guindastre. Con todo, o operario do servizo de asistencia advertiu de que sería necesario un vehículo con ‘pluma’ para poder izar o coche sinistrado, que se precipitou desde a rotoda elevada da Avenida de Citroën ao leito do río, despois de impactar contra o noiro de protección e arrincar un anaco de cemento e de varanda.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...