InicioInterceptado un motorista en Salceda cando circulaba sen carné nin ITV e...

Interceptado un motorista en Salceda cando circulaba sen carné nin ITV e triplicaba a taxa de alcol

A Garda Civil comprobou que o vehículo tampouco tiña seguro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos do destacamento da Garda Civil de Tráfico do Porriño (Pontevedra) instruíron dilixencias de denuncia contra un condutor, un veciño das Neves de 39 anos de idade, como presunto autor de varios delitos contra a seguridade viaria, ao ser sorprendido circulando nunha moto baixo os efectos do alcol, sen carné e sen a ITV no vehículo.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos ocorreron na madrugada do venres, nunha vía do municipio de Salceda de Caselas, cando unha patrulla do destacamento observou a este motorista circulando de forma anómala, seguindo unha traxectoria errática. Ao darlle o alto, os axentes observaron que o home presentaba signos de embriaguez, e fixéronlle o test de alcoholemia, que deu resultado positivo. En concreto, este condutor triplicaba o límite máximo permitido, cun resultado de 0,76 e 0,74 mg/l.

Ademais, a Garda Civil comprobou que carece de permiso de condución (non o obtivo nunca) e o ciclomotor no que circulaba tampouco pasara a Inspección Técnica de Vehículos obrigatoria. A todo iso súmase o feito de que a moto tampouco ten seguro. Por todo iso, o condutor foi denunciado por varios delitos contra a seguridade viaria, por circular baixo a influencia do alcol, e por conducir sen carné. As dilixencias serán remitidas ao xulgado de instrución de garda do Porriño.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...