InicioSucesosUn vehículo choca contra unha casa deshabitada en Vigo

Un vehículo choca contra unha casa deshabitada en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un vehículo chocou na mañá deste mércores contra unha casa deshabitada situada na parroquia viguesa de Lavadores. Con todo, o condutor do turismo resultou ileso.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 10,30 horas recibiu o aviso dun accidente no que vehículo chocara contra un inmoble deshabitado na intersección entre os camiños de Traída das Augas e Pedrosa.

O CIAE sinalou que, segundo testemuñas, o turismo circulaba a unha velocidade elevada pola zona e acabou precipitándose por un desnivel, o que culminou co impacto contra a casa.

Tras o aviso, o 112 avisou aos profesionais sanitarios e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Ademais, informouse os bombeiros de Vigo e aos voluntarios de Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...