InicioSociedadeFerido grave un operario dunha obra de Crecente ao caer a 20...

Ferido grave un operario dunha obra de Crecente ao caer a 20 metros de altura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste luns a un operario que resultou ferido grave após caerse dunha obra na localidade pontevedresa de Crecente, segundo informa o 112. O accidente tivo lugar no Lugar de Casares sobre as 17:30 horas, cando o traballador, dunha empresa de montaxes, caeu desde unha altura duns 20 metros.

Ao lugar do sinistro acudiron os axentes da Garda Civil e os profesionais do 061, que trasladaron ao ferido en estado grave ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

máis accidentes laborais

Por outra banda, este luns rexistrouse outro accidente laboral en Vilar de Santos (Ourense), onde os bombeiros de Xinzo liberaron a un operario ao que se lle quedou un brazo atrapado baixo unha pedra e que foi evacuado en ambulancia.Sucedeu ás 14,30 horas nunha nave do polígono industrial. A chamada dun particular activou un operativo no que interviñeron tamén os profesionais do 061.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...