Unha persoa resultou ferida nun accidente rexistrado ao precipitarse a furgoneta na que circulaba por un terraplén e envorcar en Vigo a última hora da tarde deste domingo.
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20,15 horas de ete domingo recibiu a chamada dunha persoa particular que avisou dunha furgoneta envorcada ao caer por un terraplén e asegurou que no seu interior había unha persoa que non podía saír.
Tras iso, por parte do 112 pasouse aviso ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo. Así mesmo, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que foi necesario o uso do material de excarceración para liberar á persoa do interior do vehículo.