InicioSucesosFerido grave ao intentar tirarse á auga cunha corda en Ponteareas

Ferido grave ao intentar tirarse á auga cunha corda en Ponteareas

O mozo quedou inconsciente ao caer sobre terra firme.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo resultou ferido de gravidade ao soltarse dunha corda á que se agarrou para lanzarse ao río en Ponteareas e caer nunha zona de terra firme, informaron o 112 e Protección Civil de Ponteareas.

O mozo atopábase na tarde do venres na contorna do río Tea, ao seu paso por Ribadetea e utilizou unha corda atada a unha árbore para tirarse á auga. No entanto non alcanzou o río e golpeouse co chan. Ao lugar desprazouse o helicóptero con base en Ourense para atender o ferido, que se atopaba inconsciente.

A alerta activouse no 112 cara ás 19,00 horas do venres, tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias-061. O mozo foi trasladado pola aeronave ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, para ser atendido.

Ademais, desprazáronse ao lugar membros de Protección Civil de Ponteareas e axentes da Policía Local e colaboraron tamén a Garda Civil e profesionais do GES-Bombeiros de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...