Un traballador resulta ferido grave ao cortarse cunha motoserra en Nigrán

Ambulancia © Miguel Núñez

Un home resultou ferido de gravidade tras cortarse cunha motoserra mentres traballaba, no municipio de Nigrán.

O 112 recibiu o aviso sobre as 18,00 horas. O ferido traballaba preto da estrada que une as parroquias de Chandebrito e Camo, e o servizo de emerxencias solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e Policía Local.

Os servizos sanitarios pediron nun primeiro momento a presenza do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que o ferido foi evacuado finalmente en ambulancia.