InicioSucesosDetido un veciño de Cangas tras roubar nunha vivenda mentres os propietarios...

Detido un veciño de Cangas tras roubar nunha vivenda mentres os propietarios durmían

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Cangas do Morrazo, de 57 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza nunha vivenda habitada desta localidade.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron na madrugada do pasado martes, cando un veciño espertou tras escoitar un ruído na súa vivenda. O home deuse conta de que faltaban varios obxectos da súa casa, así como dunha dependencia anexa á vivenda.

As habitacións da casa estaban revoltas e a porta de entrada aberta, polo que chamou inmediatamente á Garda Civil, que realizou unha batida pola zona e localizou ao presunto autor do roubo, cando se afastaba precipitadamente do lugar.

O sospeitoso resultou ser un veciño de Cangas cun amplo historial de antecedentes delituosos e, cando foi detido, levaba encima unha pequena cantidade de francos suízos e outros efectos que o denunciante sinalara entre os que lle roubaron. O presunto ladrón xa levara outra parte do botín á súa propia casa, preto do lugar do roubo.

Tras cumprimentarse as dilixencias, o detido foi posto en liberdade en sede policial, coa obrigación de comparecer ante o Xulgado de Instrución número 3 de Cangas cando sexa requirido para iso.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...