Ferida unha muller que caeu por un terraplén co seu coche en Tui

Ocorreu na parroquia de Caldelas de Tui a pasada madrugada.

Ambulancia / © Miguel Núñez

Unha muller resultou ferida a pasada noite ao saírse da vía co coche que conducía e caer por un desnivel dun cinco metros en Tui.

Segundo informa o 112 Galicia, foi necesario que os bombeiros do Baixo Miño liberasen a vítima, que quedou atrapada no interior do vehículo accidentado.

O sinistro produciuse no Torreiro, na parroquia de Caldelas de Tui, preto das 3:30 horas. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia para alertar do accidente e o servizo de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui.

Segundo se lle trasladou ao 112 Galicia, a muller ferida foi trasladada a un centro hospitalario.