InicioSucesosDenunciado un pasaxeiro do bus urbano de Vigo por negarse a utilizar...

Denunciado un pasaxeiro do bus urbano de Vigo por negarse a utilizar máscara

Axentes da Policía dirixíronse ao lugar do incidente, na rúa Álvaro Cunqueiro, e ordenaron a ese individuo que abandonase o autobús.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un pasaxeiro dun autobús de Vitrasa, concesionaria do bus urbano, porque se negaba a porse máscara de protección.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do sábado, cando un condutor de autobús urbano contactou co 092 para denunciar que un pasaxeiro se negaba a pór a máscara (obrigatoria cando se utiliza transporte colectivo).

Axentes da Policía dirixíronse ao lugar do incidente, na rúa Álvaro Cunqueiro, e ordenaron a ese individuo que abandonase o autobús. Así mesmo foi proposto para sanción por incumprir as determinacións do estado de alarma e as medidas das fases de desescalada.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén confirmou que se tramitou denuncia contra o propietario dunha cafetaría da rúa Colombia, onde se atopaban máis dunha vintena de clientes, sen usar máscaras e coas mesas xuntas, sen respectar a distancia de seguridade.

A esta denuncia súmanse outras contra catro homes que tamén incumpriron as prescricións do estado de alarma, xa que se atopaban reunidos no Paseo de Samil, na madrugada do domingo, sen respectar a distancia de seguridade e sen facer uso da máscara.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...