Desaloxan un edificio de dez plantas por un incendio rexistrado nun garaxe en Vigo

O suceso produciuse na Rúa Sanjurjo Badía, en Teis.

Intervención dos equipos de extinción / TVG.

Un incendio rexistrado nun garaxe obrigou a desaloxar esta madrugada un edificio situado na cidade de Vigo.

O suceso produciuse na Rúa Sanjurjo Badía, na parroquia de Teis.

Os servizos de Emerxencia desaloxaron un edificio de dez plantas como medida de seguridade, aínda que finalmente non houbo que lamentar danos persoais.

O lume queimou por completo cinco coches e unha furgoneta que se atopaban no interior do garaxe e, afectou a estrutura do inmoble.

Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia alertou os Bombeiros, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil, ademais do 061.

Os servizos de extinción lograron sufocar as chamas pasadas as 5,30 horas da madrugada, e parte dos veciños puideron regresar ás súas casas.