InicioSucesosFalece un ciclista mentres circulaba por unha estrada en Nigrán

Falece un ciclista mentres circulaba por unha estrada en Nigrán

A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home perdeu a vida este xoves cando circulaba coa súa bicicleta pola estrada vella do concello pontevedrés de Nigrán, preto da entrada da Praia de Prado, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias.

Foi unha persoa particular a que alertou ao servizo de emerxencias, ás 09,45 horas. En concreto, solicitaba asistencia sanitaria urxente para un ciclista tendido no asfalto.

Nada máis ter constancia, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un equipo médico ata o lugar, e da Policía Local da localidade, que trata agora aclarar os motivos do suceso. Ademais, informou os membros do GES e Protección Civil de Val Miñor.

A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...