InicioVal MiñorGondomarATOPADO. Buscan un home de 77 anos con alzhéimer desaparecido en Gondomar

ATOPADO. Buscan un home de 77 anos con alzhéimer desaparecido en Gondomar

PUBLICADO O

ATOPADO ás 16h en bo estado de saúde.

Máis dun centenar de efectivos de forzas e corpos de seguridade e veciños de Gondomar buscan un home 77 anos con alzhéimer desaparecido na localidade.

O alcalde do municipio, Francisco Ferreira, explicou que este home foi avistado por última vez mentres vía a televisión no seu domicilio da parroquia de Vilaza este venres de madrugada e que se tivo constancia da súa desaparición ao redor das 1,00 horas.

Posteriormente, esa mesma noite deuse aviso do ocorrido ás forzas de seguridade, que levaron a cabo unha primeira procura pouco despois.

Os traballos de localización retomáronse este venres pola mañá na contorna da vivenda do desaparecido coa colaboración dos seus familiares e veciños, así como coa de efectivos da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Así mesmo, o rexedor avanzou que ás 15,00 horas deste venres estaba previsto comezar unha nova batida na que se habilitará o uso de ‘drones’ da Garda Civil para rexistrar zonas de difícil acceso.

Tamén explicou que as forzas de seguridade consideraron “viable” incorporar voluntarios á procura “con medidas de seguridade e distanciamento” dado que “se atopa en perigo a vida dunha persoa”.

Atopan ao veciño de Gondomar de 77 anos desaparecido dende a pasada madrugada

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...