InicioVigo e contornaO PorriñoDeteñen por segunda vez a un ciclista que deu alcoholemia positiva e...

Deteñen por segunda vez a un ciclista que deu alcoholemia positiva e incumpría o confinamento no Porriño

Outros dous condutores co carné retirado foron sorprendidos na mesma provincia cando incumprían as medidas polo estado de alarma

PUBLICADO O

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño (Pontevedra) interceptaron a un ciclista que incumpría o confinamento debido á crise sanitaria e cunha alcoholemia positiva, na que duplicou a taxa permitida.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos producíronse no quilómetro 0,500 da estrada local une as localidades de Atios e Torneiros no termo municipal do Porriño cando a patrulla do Destacamento de Tráfico apreciou que “un ciclista circulaba de forma errática e sen casco de protección pola calzada”.

Ao darlle o alto percibiron “un forte cheiro a alcol”, destacaron as mesmas fuentesm polo que o someteron ás probas de alcoholemia nas que obtivo resultado positivo con taxas de 0,66 e 0,67 mg/l.

O sorprendido é un veciño do mesmo municipio que xa fora denunciado anteriormente en circunstancias similares. O ciclista, que alegou que se desprazaba para comprar tabaco a pesar de estar o estanco pechado, foi denunciado administrativamente por circular sen casco e cunha alcoholemia positiva, ademais de incumprir as medidas de confinamento adoptadas tras a declaración do estado de alarma.

OUTROS INTERCEPTADOS

Por outra banda, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño interceptou en Salvaterra de Miño, á altura do quilómetro 6,200 da PO-403, un vehículo no que circulaban tres persoas, incumprindo as medidas durante o estado de alarma e sen xustificar as causas do desprazamento.

O condutor resultou ser un veciño de Ponteareas que tiña retirado o permiso de conducir por perder a totalidade dos puntos e, ademais, carecía do correspondente seguro obrigatorio. No interior do vehículo localizáronse varios envoltorios plásticos con cocaína.

Así mesmo, o Destacamento de Tráfico do Porriño interceptou a un condutor en Mos, no quilómetro 165 da N-550, que tamén tiña retirado o permiso de conducir pola perda dos puntos asignados. Trátase dun veciño de Redondela de 45 anos, que xa fora sorprendido varias veces cando conducía sen carné durante os últimos meses.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...