InicioVigo e contornaRedondelaDetidos en Vigo e Redondela tres homes con antecedentes por incumprir o...

Detidos en Vigo e Redondela tres homes con antecedentes por incumprir o confinamento

Foron detidos por "desobeceder reiteradamente" aos funcionarios que lles advertiron de que non podían estar na vía pública sen xustificación, debido ao estado de alarma.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a tres homes, de idades comprendidas entre 22 e 37 anos, por “desobeceder reiteradamente” aos funcionarios que lles advertiron de que non podían estar na vía pública sen xustificación, debido ao estado de alarma.

Segundo informaron fontes policiais, os detidos foron detectados en Vigo e Redondela nos últimos días, e foron recoñecidos polos axentes en todos os casos, ao tratarse de homes con antecedentes e ‘coñecidos’ pola súa vinculación con feitos delituosos.

Ademais, apuntou a Policía, un destes homes, que ten 75 antecedentes, xa fora denunciado en 7 ocasións anteriores por saltarse o confinamento. Os outros dous tamén foran apercibidos nos días previos.

Os axentes advertíronlles de que non podían deambular pola vía pública pero este tres homes, lonxe de obedecer, “negáronse de modo reiterado” a atender aos seus requirimentos, polo que foron detidos. Dous deles foron arrestados na cidade olívica, e o terceiro no municipio de Redondela.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...