InicioSucesosUn home foi sorprendido en Mondariz-Balneario tras incumprir ata cinco veces o...

Un home foi sorprendido en Mondariz-Balneario tras incumprir ata cinco veces o confinamento

Un xulgado de Ponteareas condenouno a pagar 600 por saltarse as normas en reiteradas ocasións.

PUBLICADO O

O xulgado de Instrución número 2 do municipio pontevedrés de Ponteareas condenou a un home a pagar 600 euros por incumprir a orde de confinamento que se declarou como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno o pasado 14 de marzo.

O home foi condenado por un delito de desobediencia grave, xa que incumpriu “en reiteradas ocasións, a propósito e sen causa xustificada” as normas establecidas para solucionar a crise sanitaria da COVID-19.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o autor dos feitos mostrouse conforme coa pena interposta. Fora sorprendido na vía pública os días 18, 19, 27 e 31 de marzo sen xustificación, polo que foi denunciado administrativamente.

Despois de todo iso, este sábado 4 de abril, axentes da Garda Civil interceptárono no municipio de Mondariz-Balenario ás 21,00 horas mentres conducía un vehículo. Ante as indicacións de deterse, o home non parou e virou bruscamente noutra dirección para “tratar de eludir o control policial”.

O comunicado do TSXG tamén explica que o autor dos feitos mantivo “unha actitude deliberadamente rebelde” e que finalmente foi posto a disposición xudicial, onde o sancionaron con 600 euros de multa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...