A Policía Local de Vigo identificou á propietaria e a 4 clientes dun local que, a pesar da prohibición establecida no Real Decreto do estado de alarma, estaba aberto e estaban no seu interior “tomando uns viños”.
Segundo informou este corpo policial, os feitos tiveron lugar pouco antes das 14,00 horas deste martes, cando unha patrulla do 092 que circulaba pola Avenida da Hispanidade detectou que un establecemento de hostalaría tiña a porta de acceso levemente entreabierta.
Ao achegarse, os axentes escoitaron voces e descubriron que, no interior, atopábanse 4 clientes “tomando uns viños”, e que foron identificados, así como a propietaria do local. Todos foron advertidos das medidas a adoptar por vulnerar a prohición de estar aberto (xa que se trata dun negocio que non se considera esencial).
Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da identificación doutras 12 persoas, que se atopaban paseando pola praia de Samil “sen motivo xustificado“. Os axentes do 092 tamén controlaron un total de 71 vehículos, no marco das accións destinadas a vixiar o cumprimento do Real Decreto do estado de alarma.