InicioSucesosDenunciados 4 mozos en Vigo por estar de parranda na rúa de...

Denunciados 4 mozos en Vigo por estar de parranda na rúa de madrugada

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo identificou e propuxo para sanción a catro mozos que foron localizados na madrugada deste luns sentados no acceso a unha zona peonil dun aparcadoiro na rúa Pizarro, infrinxindo así o Real Decreto sobre o estado de alarma, que restrinxe a presenza na vía pública salvo por casos xustificados.

Segundo informaron fontes policiais, unha dotación do 092 localizou aos mozos sobre as 1,25 horas da madrugada, cando estaban “en actitude de diversión, escoitando música” e sentados no acceso á zona peonil do parking dun centro comercial na rúa Pizarro.

Os axentes entrevistáron aos mozos, e preguntáronlles se eran coñecedores da limitación á liberdade de circulación con motivo do estado de alarma pola crise sanitaria, e eles responderon afirmativamente, aínda que argumentaron que estaban “a pasar o momento”.

Ante esta situación, os axentes identificáronos e, no caso de dous deles, que son menores de idade, informouse os seus proxenitores para que se fixesen cargo. Todos foron propostos para sanción por infracción do Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, sobre o estado de alarma motivado polo Covid-19.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da denuncia contra o condutor dunha motocicleta, que foi interceptado cando regresaba ao seu domicilio tras estar en casa dun amigo. O motorista, de 25 anos de idade, saíuse da vía cando circulaba pola Avenida de Castrelos e deu positivo na proba de alcoholemia, cun resultado que cualifica os feitos como delito. Por iso, tramitarase denuncia xudicial.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...