InicioSucesosUn incendio no cadro eléctrico leva a desaloxar un edificio na Guarda

Un incendio no cadro eléctrico leva a desaloxar un edificio na Guarda

Unha muller foi asistida.

PUBLICADO O

Un edificio de catro plantas foi desaloxado na noite do pasado martes na Guarda por mor dun incendio declarado nun cadro eléctrico, polo que foi atendida unha muller no lugar.

Segundo informou o 112 Galicia, debido á propagación do fume no inmoble a veciñanza tivo que abandonar as súas vivendas, sen que se rexistrasen danos persoais.

Os feitos tiveron lugar na rúa de Enrique María Sesto sobre as 22,00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para avisar do incendio.

Tras iso, o persoal do CIAE 112 puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros do Porrriño, do GES da Guarda e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou do sucedido aos Bombeiros de Vigo.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia e un equipo sanitario de Atención Primaria que atendeu no lugar, sen necesitar traslado, á muller M.J.S.F., de 62 anos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas desaloxadas puideron regresar ás súas vivendas unha vez sufocado o incendio.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...