A Policía Local de Vigo detectou 11 resultados positivos en consumo de drogas en condutores na última semana

Drogas incautadas/ Guarda Civil

A Policía Local de Vigo alertou do volume de casos nos que se intercepta a condutores que dan positivo no consumo de drogas, un total de 11 no últimos sete días.

Nun comunicado de prensa, o corpo apunta que esta mesma madrugada foron detectados na cidade dous condutores circulando con presenza de drogas no seu organismo. Un consumira cocaína e cannabis, e o outro cannabis.