Cinco persoas serán xulgadas por un delito contra a saúde pública segundo a acusación da Fiscalía. Piden cinco anos de prisión para tres deles e 4 anos e seis meses para outros dous por traficar con cocaína e haxix en Vigo desde agosto de 2017 a xuño de 2018.
En concreto, os cinco están acusados de encargarse da provisión e distribución de estupefacientes, tanto cocaína como haxix e planta de cannabis, así como cooperar entre eles e traballar de forma coordinada.
Segundo o documento do Ministerio Fiscal, o grupo de UDEV-DROGAS, da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vigo, estivo a investigar aos implicados durante case un ano. Ao longo dese período interviron en diversas ocasións a supostos narcotraficantes e incautáronlles diversas cantidades de droga e diñeiro.
En total, os axentes interviron aos acusados en sete ocasiones nas que subtraeron varios quilos de haxix e cocaína que portaban en bolsas plásticas e ían intercambiarse en domicilios concretos.
Ademais, a través de intervencións telefónicas a Policía descubriu que a dous dos acusados “os unía unha relación de estreita de colaboración na súa dedicación á provisión, manipulación, corte e distribución lucrativa de estupefacientes” e adulteraron “as sustancias estupefacientes con que comerciaban para obter delas un maior rendemento económico”.
REXISTROS
Foi o 20 de xuño 2018 cando se realizou o rexistro na vivenda dun dos acusados, en Bembrive. Alí encontraon 1. 784gramos de cannabis, varios centos de euros e en toda a planta baixa descubriuse a existencia dunha instalación destinada ao cultivo de planta de cannabis.
Nun segundo rexistro, na vivenda doutro dos acusados 4.036 gramos de haxix, 3.269 gramos de cocaína e outras pequenas cantidades soltas das mesma substancias. En ambas as vivendas atopáronse tamén efectos e instrumentos relacionados coa actividade ilícita que de desenvolvían de consumo.
Por todo isto, os acusados enfróntanse –ademais da a pena de prisión– a unha multa de 3.000 euros cada un. O xuízo celebrarase os próximos 26 e 28 de febreiro na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.