InicioVal MiñorBaionaCaen 20 metros marcha atrás dende o Parador de Baiona

Caen 20 metros marcha atrás dende o Parador de Baiona

O suceso produciuse ás 15:50h por causas, de momento, descoñecidas.

PUBLICADO O

Un home de 72 anos, R.G.A, e unha muller de 69, M.B.M.V., resultaron feridos este mércores despois de precipitase, no seu coche, desde o alto da muralla do Parador de Baiona (Pontevedra), segundo informaron fontes do 112 Galicia.

O accidente tivo lugar sobre as 15,50 horas, cando un particular alertaba a emerxencias de que un vehículo con dúas persoas no seu interior precipitouse desde o alto da muralla do Monte do Boi, dende o aparcadoiro da recepción do Parador, ata o paseo de Monterreal.

Testemuñas sinalan que os ocupantes do turismo puideron saír do mesmo, aínda que precisaron de asistencia médica.

O 112 mobilizou a emerxencias sanitarias, a Protección Civil, ao GES do Val Miñor e á Policía Local de Baiona. Ademais, unha ambulancia desprazouse ata a zona para atender ao condutor e ao seu acompañante, aos que trasladou ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Os dous ocupantes foron trasladados en ambulancia con feridas de consideración. De momento descoñécense as causas do suceso.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...