InicioVal MiñorBaionaOs bombeiros rescatan un coello dun incendio nunha vivenda de Baiona

Os bombeiros rescatan un coello dun incendio nunha vivenda de Baiona

Tras ser posto a salvo, o animal foi atendido polos profesionais ao estar afectado pola inhalación de fume.

PUBLICADO O

Os bombeiros rescataron a un coello que se atopaba no interior dunha habitación dunha vivenda de Baiona na que se declarou un incendio na tarde deste xoves.

Segundo informa o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o incendio puido iniciarse nun electrodoméstico situado nun cuarto e acabou por afectar a toda a vivenda debido ao intenso fume.

Así, varios particulares chamaron á central do 112 ao redor das 13,00 horas deste xoves para alertar do lume declarado nunha vivenda situada na rúa Loureiral de Baiona.

Ata alí desprazáronse os efetivos de emerxencias, que rescataron a un coello que se atopaba no interior dunha habitación. Tras ser posto a salvo, o animal foi atendido polos profesionais ao estar afectado pola inhalación de fume.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...