Atropelada unha menor en Vigo

Axentes de Policía e persoal do 061 e de Emerxencias atendendo a unha persoa atropelada/ EP

Unha moza, menor de idade, resultou ferida esta mañá en Vigo tras ser atropelada. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos aconteceron minutos antes das 8,00 horas deste mércores na Avenida de Alcalde Portanet, en Vigo, cando a menor foi alcanzada por un vehículo.

Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia, tras o que o CIAE pasou o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade. Ao lugar do atropelo Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico para atender á rapaza, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.