InicioSucesosCinco persoas feridas nun accidente entre tres vehículos en Redondela

Cinco persoas feridas nun accidente entre tres vehículos en Redondela

Un dos vehículos chocou con outro e derrapou, levando por diante a un terceiro.

PUBLICADO O

Un total de cinco persoas resultaron feridas debido a unha colisión producida en Redondela na tarde deste domingo con tres vehículos implicados.

Segundo informa o 112, todo ocorreu sobre as 16,00 horas, cando un particular informou do choque entre dous turismos na N-550 en Quintela, concretamente na curva pasando o tanatorio.

De acordo co relato do alertante, indica o centro de emerxencias, un dos vehículos chocou con outro e derrapou, levando por diante a un terceiro. Así, ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil da localidade.

Debido ao impacto, pola estrada quedou esparexida unha mancha de combustible procedente dos coches implicados. Por iso, o 112 solicitou a intervención do servizo do mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...