InicioSucesosEvacuado un home en Baiona tras un incendio na súa casa

Evacuado un home en Baiona tras un incendio na súa casa

O lume podería ter a súa orixe nunha estufa eléctrica.

PUBLICADO O

Un home tivo que ser evacuado ao hospital Povisa de Vigo tras producirse un incendio que afectou a dúas plantas da vivenda na que residía na localidade pontevedresa de Baiona.

Así, tal como informou o 112 Galicia, foi minutos despois das 10,00 horas cando o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) recibiu unha chamada que alertaba dun incendio nunha vivenda unifamiliar de Baiona e de que no seu interior había unha persoa.

Segundo os datos facilitados pola Policía Local de Baiona, o suceso produciuse nunha casa situada na zona vella do municipio e afectou á planta baixa e ao seu primeiro piso.

O afectado trátase dun home duns 50 anos de idade, corpulento, enfermo (tras padecer un ictus) e que reside só na vivenda, polo que ao verse atrapado polas chamas, saíu a unha terraza traseira, que ten un noiro de polo menos cinco metros.

Foron os Bombeiros do Val Miñor os que sufocaron as chamas coa axuda dos Bombeiros do Porriño, mentres que un axente da Policía Local accedeu ata o lugar onde se atopaba o dono, xa que “estaba nervioso”. Unha vez evacuado da vivenda, os médicos de emerxencias valoraron ao ferido e foi levado ao centro de saúde de Baiona, con todo, máis tarde tivo que ser trasladado ao hospital Povisa de Vigo, pero atopábase “consciente e orientado”.

Ao parecer, segundo as primeiras investigacións, o incendio podería ter a súa orixe nunha estufa eléctrica.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...