InicioSucesosDetido un vigués ao que atribúen catro roubos con forza

Detido un vigués ao que atribúen catro roubos con forza

A medida que avanzaba a investigación deste caso, producíronse na cidade outro tres roubos con características similares ao de xullo, o que levou á Policía a pensar que o autor podería ser a mesma persoa.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 33 anos de idade, como presunto autor de catro roubos con forza cometidos na cidade nos últimos meses.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse tras a denuncia dun roubo cometido en xullo pasado, nun establecemento de hostalaría da rúa Santa Ana. Alí, alguén forzara a porta de acceso.

A medida que avanzaba a investigación deste caso, producíronse na cidade outro tres roubos con características similares ao de xullo, o que levou á Policía a pensar que o autor podería ser a mesma persoa.

As pescudas policiais permitiron identificar ao presunto ladrón, que foi localizado e detido na tarde deste xoves. Unha vez trasladado a Comisaría, comprobouse que ten 14 antecedentes policiais, varios deles por roubo con forza.

Ademais, a Policía non descarta imputarlle outros roubos que están a ser investigados. O detido e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución número 4 de Vigo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...