InicioSucesosFerida unha muller de 74 anos ao ser atropelada por un ciclista...

Ferida unha muller de 74 anos ao ser atropelada por un ciclista en Vigo

A muller resultou ferida leve.

PUBLICADO O

Unha señora de 74 anos de idade resultou ferida na mañá deste mércores tras ser atropelada por un ciclista mentres camiñaba polo Paseo de Alfonso XII da cidade de Vigo.

Así, segundo informaron fontes do 112 Galicia, foron os propios servizos sanitarios os que alertaron sobre as 10,20 horas ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), polo que os xestores deste organismo deron aviso á Policía Local de Vigo e aos Bombeiros da cidade olívica.

Tal como confirmaron fontes da Policía Local, a señora camiñaba pola beirarrúa cando foi investida polo ciclista, resultando ferida leve, polo que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro “porque se queixaba dunha dor de costas”. Pola súa banda, o ciclista, de 32 anos, resultou ileso.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...