Cinco feridos tras un choque múltiple entre tres vehículos na A-55 en Vigo

Un total de cinco persoas resultaron feridas ao verse implicadas nun accidente con tres coches implicados que circulaban pola A-55, no termo municipal de Vigo.

Ambulancia / © Miguel Núñez

Un total de cinco persoas resultaron feridas ao verse implicadas nun accidente con tres coches implicados que circulaban pola A-55, no termo municipal de Vigo.

O sinistro produciuse sobre as 18,30 horas á altura da saída 7, dirección Tui, en Cabral. O 112 informou dos sucedido ao 061, Tráfico, Bombeiros de Vigo, Policía Local e efectivos de Protección Civil.

A pesar diso, segundo a información que facilitaron os axentes, os implicados non rexistraron feridas de consideración.