InicioSucesosRescatados dous mozos da auga na zona do Náutico de Vigo

Rescatados dous mozos da auga na zona do Náutico de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha embarcación de Salvamento acudiu esta madrugada ao rescate de dúas persoas que se atopaban na auga no peirao de Vigo.

En concreto, unha moza caera á auga na zona do Náutico e un compañeiro seu tirouse para auxiliala.

Unha persoa alertou da situación ao 112 sobre as 02,30 horas, que deron aviso a Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas, ademais do 061 e efectivos policiais.

Finalmente, ambos os mozos foron rescatados da auga por unha embarcación de Salvamento e só un deles necesitou ser evacuado polos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...