InicioSucesosA Garda Civil de Pontevedra intercepta un arrastreiro que faenaba irregularmente entre...

A Garda Civil de Pontevedra intercepta un arrastreiro que faenaba irregularmente entre Cíes e A Guarda

PUBLICADO O

O servizo marítimo da Garda Civil de Pontevedra interceptou un arrastreiro con base no porto de Marín que estaba a faenar irregularmente entre Cíes e A Guarda, fóra do fondo e do horario autorizado, e requisou os 320 quilos de peixe que levaba a bordo.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos tiveron lugar o pasado sábado á primeira hora da tarde, cando a patrulleira da Garda Civil ‘Cuervo Marino’ detectou a este arrastreiro, navegando a escasa velocidade e co sistema de localización e identificación automática (AIS) apagado.

Os axentes comprobaron que o barco estaba a faenar coa modalidade de arrastre de fondo, a pesar de que a normativa prohibe o traballo destes buques desde as 00,00 horas do venres ata as 00,00 horas do domingo.

A Garda Civil escoltou ao arrastreiro ata o Porto de Vigo, onde examinou a documentación do barco e da tripulación, e onde se formularon varias denuncias administrativas. Así, ademais de faenar fora do horario establecido, constatouse que estaba a pescar nun fondo prohibido. Por outra banda, tramitouse denuncia tamén por levar o sistema de localización automático apagado.

Por outra banda, a Benemérita incautouse dos 320 quilos de peixe que levaba a bordo, e que foron entregados ao Banco de Alimentos de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...